Departamento de Orientación del Colegio HH. de Cristo Rey en Oleiros - A Coruña
Programa de educación ambiental sobre redución de residuos e consumo responsable “E ti que fas polo mundo?”
O pasado 5 de novembro os alumnos de 5º de Educación Primaria tiveron a primeira sesión do Programa de educación ambiental sobre redución de residuos e consumo responsable “E ti que fas polo mundo?”, impartido por educadores do CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia.
Esta proposta está orientada a traballar co alumnado co concepto dos residuos dende un cambio de paradigma, co fin de fomentar actitudes relacionadas coa responsabilidade na súa separación, e sobre todo de compromiso persoal ante a redución na xeración dos mesmos, de modo que lles permitan coñecer a dimensión da problemática, mais empatizando cos intereses e capacidades da súa idade.
Nesta primeira sesión intentouse romper cos prexuízos ante esta problemática, e sobre todo tratouse de descubrir cos rapaces vías de relación da problemática dos residuos coa súa vida diaria, abrindo o traballo na aula cos nenos e nenas a un traballo de investigación e relación coas familias para lograr que os obradoiros transcendan ao contorno familiar, co obxectivo de acadar condutas máis responsables en cidadáns que teñen maior capacidade de acción empregando os participantes como vectores de sensibilización cidadá.
O vindeiro 3 de decembro os educadores do CEIDA volverán ao colexio para impartir a segunda sesión do programa.
http://www.ceida.org/educacion-divulgacion/programa-educacion-ambiental/ti-que-fas-polo-mundo-programa-educacion-amb.html




